Sobre

servicios.jpg

Cheguei ao planeta Terra un 5 de xullo de 1993. Son de Goián. Sempre fun “de letras”. Escribín poesía. Gústame ler poesía, autobiografías e narrativa realista. Son “de literatura”. Quero aprender moitas linguas. En bacharelato quería ser docente. Esgotei as reservas de paciencia e agora quero corrixir, editar e demais familia. A miña vocación frustrada, por agora, é a tradución.

En setembro de 2017 rematei o Grao en Lingua e Literatura Galegas coa defensa do meu Traballo de Fin de Grao “Sexo e violencia na poesía de Lupe Gómez”.

Cheguei ao mundo editorial coas prácticas externas do Grao en Edicións Obradoiro, a liña editorial galega de Santillana. A miña actividade aquí foi principalmente a asesoría lingüística e a corrección ortotipográfica pero tamén probei a función das lectoras editoriais.

Realicei o curso de Corrección de estilo de Cálamo & Cran. Agora aprendo sobre InDesign cun vídeo-curso de Crehana. En formación constante.

Y ahora en castellano:

Llegué al planeta Tierra un 5 de julio de 1993. Soy de Goián. Siempre fui ” de letras”. Escribí poesía. Me gusta leer poesía, autobiografías y narrativa realista. Soy “de literatura”. Quiero aprender muchas lenguas. En bachillerato quería ser docente. Agoté las reservas de paciencia y ahora quiero corregir, editar y demás familia. Mi vocación frustrada, por ahora, es la traducción. 

En septiembre de 2017 acabé el Grado en Lingua e Literatura Galegas con la defensa de mi Trabajo de Fin de Grado “Sexo e violencia na poesía de Lupe Gómez”. 

Llegué al mundo editorial con las prácticas externas del Grado en Edicións Obradoiro, la línea editorial gallega de Santillana. Mi actividad aquí fue principalmente la asesoría lingüística y la corrección ortotipográfica pero también probé la función de las lectoras editoriales.

He realizado el curso de Corrección de estilo de Cálamo & Cran. Ahora aprendo sobre InDesign con un vídeo-curso de Crehana. En formación constante.